DENDE A NOSA ORIXE

Cando comezamos recollíamos o ovo a man. Foi no ano 1940 e tiñamos 300 pitas, unha casa de labranza na aldea de Campomayor en Palas de Rei e moita ilusión. As nosas orixes están cargadas de esforzo, responsabilidade, calidade e desexo constante de mellorar.

Hoxe, 72 anos despois, crecemos. Aínda así, seguimos tendo a mesma estima polas cousas pequenas e ben feitas. Somos unha empresa en expansión orgullosa das súas orixes.

1942. Iniciamos un pequeno negocio familiar basado no coidado dun produto tradicional para ofrecer a mellor calidade ós nosos clientes.
estanteria
blog